• OS NOSOS PRODUCTOS

Congresos, presentacións, conferencias, cursos, inauguracións, e calquer outro tipo de evento requiren case sempre dun servizo de catering que garanta un servizo acorde coa calidade do acto que corresponda.

 Airas Catering, nace coa vontade de atender este mercado, cada vez máis solicitado, partindo da experiencia da nosa empresa no sector da restauración, tentando aportar, alén dos estandares de calidade  establecidos na elaboración dos nosos productos, a versatilidade suficiente como para adaptarnos as necesidades dos nosos clientes.

 Contamos coa infraestrura e meios técnicos e humanos precisos como para garantir unha correcta prestación de servizo para todo tipo de eventos, así como a capacidade de resposta e axilidade suficiente como para poder atender eventualidades e demandas en breve espazo de tempo. Poñanos a proba!

Comentarios No hay comentarios »

 

Quedar ben cos teus convidados ou convidadas e sen pasar traballo, xa está ao alcance de todos os bolsillos.

Por moito menos do que pensas temos ao teu dispor unha selecta oferta oferta de menús doces e salgados para que ti só te preocupes de disfrutar da presencia dos teus achegados. Consulta os nosos pratos, escolle o que precises e fai a túa reserva no teléfono que te indicamos. Todo estará listo e apunto para que o disfrutes.

TELEFONO PARA RESERVAS

 

981 582 516

Comentarios Comentarios desactivados

Freire Chico s.l. é unha empresa de hostelería fundada en 1993 que desenvolve a súa actividade desde entón na cidade de Compostela. Si ben a actividade hostelera/hotelera da familia Freire Chico ten a súa orixe no ano 1960, foi en 1989 cando realmente comeza o desenvolvimento do producto puramente hostelero coa apertura dun primeiro café no Casco Histórico Compostelá, o Joam Airas, e xa a seguir coa transformación do vello hospedaxe Atlántico, (primeiro negocio hotelero da familia), no Airas Nunes café, (1993), ampliado anos máis tarde a café/restaurante, (1997).

Comentarios Comentarios desactivados